“Fotos de Rua – Branco e Negro”, Alberto A. Pereira na À moda antiga
Cada día, as persoas na súa andaina vital, escenifican múltiples actos que normalmente nos pasan desapercibidos. Se por un momento nos paramos, veremos cantidade de situacións cotiás dignas de plasmar e documentar. Situacións normais ou curiosas, pertencen a xentes de vilas e cidades de Portugal, República Checa, Alemaña e Hungría e foron tomadas entre os anos 2012 e 2014. – Alberto A. Pereira, A Guarda, 1964. Unha pequena cámara é a miña compañeira e ferramenta coa que actualmente me adico a percorrer as rúas e ser testemuña do que pasa nelas. Concursos / premios: – À moda antiga Largo João Tomás da Costa n-634900-509 Viana do Castelo, Portugal tel. 258 023 229
|